Quen somos?

A nosa asociación é o motor detrás do Encontro Galego do Saxofón .
Nacida da paixón dun grupo de saxofonistas galegos, a asociación dedícase a promover e difundir a música en toda a rexión.

Nacemento

Con xa case dúas décadas de vida, o Encontro nace co nome de Curso Internacional de Saxofón Merza 2005. En poucos anos vai medrando e collendo sona, polo que se toma a decisión de desprazalo a un punto xeográfico máis estratéxico e accesíbel, con máis posibilidades de difusión e cunha maior oferta cultural e variedade de instalacións para o alumnado.
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/1b-640x640.png?crop=1

Expansión

Así, na súa quinta edición, a nosa asociación toma o relevo do Curso Internacional de Saxofón Merza, que aterra en Santiago no ano 2009 e se unifica co primeiro Encontro Galego do Saxofón, que actualmente segue contabilizándose dende o 2005 e levando o nome de Merza como homenaxe ás súas orixes.
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/2-2-640x640.png

Obxetivo

Se ben ao principio o planifica a Asociación Cultural Música Viva, da comarca do Deza, dende a edición do 2011 e ata a actualidade, a asociación que organiza esta actividade é Sax Factory (Factoría Galega do Saxofón), formada tanto por profesionais coma por afeccionados do saxofón cuxo obxectivo é dar visibilidade a este instrumento dentro do panorama galego.
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/3-2-640x640.png

Actualidade

Daquela, este encontro amósaselle ao alumnado como unha oportunidade real de seguir formándose e aprendendo máis aló do curso académico, así como de compartir experiencias con outro alumnado foráneo, pois o curso está aberto a todo aquel/a interesado/a. O principal obxectivo destas xornadas, que adoitan estenderse durante 7 ou 8 días do mes de xullo, é o intercambio de experiencias e saberes musicais, e tamén unha ocasión de socialización entre saxofonistas de diferentes idades, alumnos de distinto profesorado e procedentes de diversas escolas.
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/8-1-640x640.png
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/4-3.png
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/5-2.png
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/6-2.png
https://encontrogalegosaxofon.com/wp-content/uploads/2025/05/7-2.png

Edicións pasadas

2024
2023
2022
2021
2018
2017
2015
2014
2012
2011
2010
2009
2008
2007
2006